Despois de ter que cancelar as celebracións polos motivos xa coñecidos, retomamos as festas, neste caso de fin de curso. Queremos celebralo cunha tarde de xogos deportivos aptos para todo/as (incuídas familias!) e merendola solidaria.
Agradecemos se podedes inscribiros no link inferior antes do venres 17, para organizar os grupos de deporte por idade. Contaremos con animación e apoio nos xogos.
https://forms.gle/4sx4SaNobkZTRWYs6
A festa comenzará ás 16:00 coa recepción. De 16:30 a 18:00 terán lugar os xogos deportivos nos patios e pavillón e ás 18:00 teremos unha merendola.
A entrada para familias socias é de balde. Os donativos das familias non socias irán destinadas ao banco de alimentos Rías Altas.
Esperámosvos!
