Desexámosvos a todos un feliz verán. Para calquera cuestión antes do inicio do curso podedes contactarnos en anpaensinorabadeira@gmail.com.
Aproveitamos para comentarvos que a apertura do prazo para facerse familia socia abriráse o 1 de agosto. Xa vos podedes apuntar tanto a madrugadores coma extraescolares.
Contactaremos de maneira individualizada coas familias que fixeron solicitude de fondo de libros solidario da ANPA.
Compartimos con vós tamén a recadación da festa de fin de curso- Olimpiadas Igualdade, coa contribución de 100 euros e comida por parte das familias, que serán doados ao banco de alimentos Rías Altas.
Grazas a todo/as. Vémonos en setembro!


Moitas gracias por todo o traballo feito este ano. E moitas gracias tamén pola implicación dos profes na festa de fin de curso. Da gusto estar na escola deste xeito ❤️👍😄
Me gustaMe gusta