Este ano unicamente podemos recoller e entregar libros de 4º Primaria (3º cambia textos e 5º e 6º empregan E-Dixgal). Por favor, lembrade que este fondo é distinto ao da Xunta.
As familias que recibiron libros de 4º o ano pasado xa foron avisadas para entregar os libros de texto no centro antes do 1 de xullo.
Agradecemos tamén se familias de 4º tendes libros para doar, xa que os actuais do banco teñen bastantes anos. O prazo de recollida sería no centro do 4 ao 8 de xullo. Se alguén ten problemas de horario para a entrega, agradecemos se podedes contactarnos en anpaensinorabadeira@gmail.com.
A apertura de formulario para a solicitude de libros faráse no mes de xullo, unha vez sexan publicados as listaxes de Xunta.
Aproveitamos para compartir o enlace cos libros de texto do vindeiro curso:
Haz clic para acceder a LIbros%20de%20texto%202022-2023.pdf
Estamos tratando tamén de atopar saída aos libros de 3º, a través dunha ONG ou similar. Manterémosvos informados a través desta canle.
Grazas anticipadas pola vosa colaboración.