Queremos invitar a todas as familias do centro, socias e non socias, a participar nesta celebración de volta ao cole. Aproveitaremos para realizar unha presentación das actividades extraescolares que se ofertan neste curso (de 10:00 a 13:00), cunha foliada e romería posterior a cargo da Agrupación Folliñas (de 13:00 a 14:00). Adicionalmente, contaremos cun posto relacionado co proxecto do Centro deste ano.
A entrada será pola porta de Infantil e a presentación de actividades realizaráse nos espazos inferiores. A foliada terá lugar no patio cuberto de Infantil e esperamos que sexa un punto de encontro neste inicio de curso.
Por favor, anotádevos no link inferior para poder axustar os aforos. Contamos con vós!
https://forms.gle/aWAdh1uNZeiLWBfL6

