Comeza un novo curso e aproveitamos para enlazar información do Centro de interese:
Organización de entradas e saídas
Recordámosvos que xa non existe a entrada escalonada e que o alumnado que veña da casa deberá entrar ás 8:55 polas portas habilitadas para cada ciclo (Primaria- 1º, 2º, 5º e 6º Portalón- 3º e 4º e Infantil- xa non se accede polo parking).
Enlazamos tamén o servizo de madrugadores por se necesitades facer uso del (o prazo estará aberto de maneira extraordinaria ata o 06/09)
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprabadeira/node/332
https://anpaensinorabadeira.wordpress.com/2020/09/03/servizo-madrugadores-inscripcion/
Tarxeta de identificación Infantil e 1º/2º Primaria
Recordamos tamén a importancia para a correcta organización do centro, comedor, transporte e actividades extraescolares, de que o alumnado destes ciclos leven a tarxeta identificativa ben visible. Debaixo tendes o enlace e o modelo.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprabadeira/node/289
Outra información
O centro está a colgar no apartado «Avisos a familias» información de interese coma as reunións de profesorado con familias (martes 06/09 ás 16:00 para 4º Infantil), material escolar, etc. Recomendámosvos que consultedes esta sección periódicamente.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprabadeira/node/289
Desexámosvos o mellor neste 2022-2023 e quedamos á vosa disposición en anpaensinorabadeira@gmail.com!