Dende a ANPA, e coa colaboración do Centro, propoñemos este ano unhas charlas e obradoiros sobre educación sexual, tanto para pais/nais/titores como para o alumnado, dende unha visión natural, integral e inclusiva.
Co fin de dar a coñecer esta iniciativa e comenzar este ciclo de obradoiros, gustaríanos convidarvos a esta charla dirixida a familias e comunidade educativa, e impartida pola Dra. Carol Strate, xinecóloga e impulsora da iniciativa @alumbramujer. Terá lugar o vindeiro venres 23 de setembro ás 17:00 no salón de actos do colexio e contaremos co apoio dunha ludoteca par ao alumnado con fin de facilitar a conciliación familiar.
Por favor, cubride o formulario inferior para confirmar a vosa asistencia. Esperámosvos!