Grazas a toda a comunidade educativa e en particular a Carol Strate pola interesantísima charla de onte organizada pola ANPA sobre a Educación Sexual en Familia.
O alumnado de Primaria recibirá tamén, coa colaboración do Centro, charlas/obradoiros durante o curso financiados pola ANPA, que esperamos que sexan a semente para unha educación sexual, natural, integral e inclusiva. Seguiremos informando.
