Queremos agradecer a familias, Centro, Concello e, especialmente, aos clubes que participaron un ano máis nesta iniciativa. Esperamos que o alumnado desfrutase achegándose a deportes coma a patinaxe de velocidade, tenis de mesa, baloncesto, hockey, fútbol, judo, remo ou esgrima. Tamén que axudase a conciliar ás familias neste inicio de curso.
Na entrada inferior tendes toda a información e os contactos dos clubes da nosa contorna, que nos axudaron a dar un paso máis na ruptura de estereotipos e a fomentar a participación igualitaria no deporte.
