Un ano máis adherímonos a esta iniciativa, con gallo do día 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Na web https://defronte.gal podedes atopar:
Información sobre a violencia de xénero dixital, tipoloxía, recursos contra a violencia de xénero, propostas de literatura infantil, xuvenil e adultos, cine, etc
Ciberacción para público xuvenil: Afrontamento das violencias na rede. Actividade na que traballar a violencia dixital a través dunha ciberquedada cos centros de secundaria da provincia.
Ciberacción para público infantil: Canto sabes sobre as violencias dixitais?. Xogo interactivo e guía didáctica para alumnado e profesorado dos cursos de 4º, 5º e 6º de Primaria que quedará pendurado na web como recurso pedagóxico.
