Invitamos a todas as familias do CEIP Rabadeira a desfrutar da festa de Entroido o vindeiro venres 17 de febreiro, de 17:00 a 20:00. Contaremos con animación a cargo de monitores e un desfile de disfraces.
Coma noutras ocasiones, faremos recollida para o banco de alimentos Rías Altas. Neste caso produtos non perecederos coma galletas, arroz, pasta, conservas, legumes secas, etc.
Tamén haberá, como en Nadal, un posto de mercadillo de segunda man onde o alumnado de 6º recaudará para a excursión de fin de curso.
A entrada é de balde para familias socias e donativo para as familias non socias. Agradecemos se podedes cubrir o formulario inferior para dimensionar a festa.
https://forms.gle/jRxg5YxpqzmEh5mC6
