Archivo del autor: ANPA ENSINO CEIP RABADEIRA
Xornada de Lecer 16 maio
Presentámosvos a Xornada de Lecer para o día 16 de maio que se levará a cabo no noso colexio. É unha xornada organizada por SerOcio para axudar coa conciliación e facer que os máis pequenos pasen un día divertido facendo unha infinidade de actividades Inscricións en: https://serocio.com/xornadas-de-lecer-ceip-rabadeira-letras-galegas-2022/
Actividade limpeza praias «We Sustainability»
Remitimos información facilitada por unha familia que creemos que pode ser do voso interese. Este sábado 30 temos a posibilidade de contribuir coa limpeza da praia de Santa Cruz. https://wesustainability.com/limpieza-de-playas/
Mariña, contos nacidos no mar
O vindeiro xoves 28 de abril, en horario lectivo, a ANPA Ensino Rabadeira leva a Raquel Queizás, recoñecida contacontos, para que o alumnado de Educación Infantil desfrute de Mariña, contos nacidos do mar, dentro tamén do proxecto do centro «Co M de Mar». Esperamos que a rapazada o desfrute! Mariña
Obradoiro Familias Inquedas- EducaBonito
Xa está aberto o prazo de inscrición para un novo obradoiro do programa Familias Inquedas dirixido ás familias con menores de 0 a 10 anos. Trátase do obradoiro Educa Bonito, uns dos que mais éxito ten dentro a programación que a concellería de Servizos Sociais e Igualdade.