Dinamización do patio escolar

Como xa vos anticipamos, o centro está a traballar nun proxecto de dinamización do patio escolar, a través dos de patios inclusivos. Para elo, solicitan a colaboración das familias aportando material en desuso nas nosas casas. Remitimos comunicado e agradecemos de antemán a vosa colaboración/aportación. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprabadeira/node/294

Instruccións inicio de curso

Remitimos comunicado do centro. Dende a ANPA recomendamos o uso do transporte escolar dende o primeiro día para evitar aglomeracións. O horario de entrada para todo o alumnado será de 8:45 h. ás 9:00 h.  As portas pecharanse ás 9:05 h. durante o curso. Plano das entradas. O alumnado de 1º, 3º e 5º accederán polaSigue leyendo «Instruccións inicio de curso»

Listaxes material escolar

Este ano solicitamos ao centro que anticipase, na medida do posible, a listaxe de material escolar, que podades atopar no link inferior. Valoramos estas listaxes cun proveedor que ofrece prezos especiais para socios ANPAs. Manterémosvos informados por e-mail a familias socias. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprabadeira/node/270 Coma sempre, calquera cuestión podedes enviala a anpaensinorabadeira@gmail.com.

Servizo transporte 2021-2022

Remitimos comunicado do centro: Todo o alumnado que solicitou praza de transporte para o curso escolar 2021-2022  quedou admitido como usuario deste servizo. Este servizo poderá sufrir modificacións para o alumnado que teña praza concedida con carácter excepcional (menos de 2 km., e os que viven fóra da área de influencia), como dita a instrucciónSigue leyendo «Servizo transporte 2021-2022»

Crea tu sitio web con WordPress.com
Comenzar