Plan de Mobilidade Urbana Sostible Oleiros- Participación ANPA

Fomos invitadosa á mesa o taller sectorial del Plan de Movilidade Urbana Sostible do Concello de Oleiros, que se celebrou o pasado 26 de abril. Xa remitimos ao grupo de traballo o documento adxunto, onde indicamos as principais demandas realizadas, consensuadas co Centro. Manterémosvos informados a través desta canle.

Pasos de peóns inmediacións do centro educativo- Actualización

Acabamos de recibir resposta da Xunta de Galicia á reclamación realizada pola ANPA, que indica que instalará sistemas reflectantes-disuasorios nos pasos de peóns da contorna do centro educativo, nas estradas AC-527 e AC-174. Esperamos que desta maneira se mellore a seguridade dos peóns. Seguiremos informando a través desta canle.

Crea tu sitio web con WordPress.com
Comenzar