O vindeiro mércores 15 de xuño ás 18:30 h terá lugar nos xardíns da Biblioteca Rialeda en Perillo a presentación do novo libro de María Soto (Educa Bonito) “Confianza cien, expectativa cero” Nesta presentación haberá un coloquio aberto no que a autora explicará as bases da súa proposta educativa e responderá e atenderá as preguntas das persoas que asistan.
Archivo de etiqueta: CONCELLO
Plan de Mobilidade Urbana Sostible Oleiros- Participación ANPA
Fomos invitadosa á mesa o taller sectorial del Plan de Movilidade Urbana Sostible do Concello de Oleiros, que se celebrou o pasado 26 de abril. Xa remitimos ao grupo de traballo o documento adxunto, onde indicamos as principais demandas realizadas, consensuadas co Centro. Manterémosvos informados a través desta canle.
Obradoiro Familias Inquedas- EducaBonito
Xa está aberto o prazo de inscrición para un novo obradoiro do programa Familias Inquedas dirixido ás familias con menores de 0 a 10 anos. Trátase do obradoiro Educa Bonito, uns dos que mais éxito ten dentro a programación que a concellería de Servizos Sociais e Igualdade.
CampaEscola 2021
Informámosvos dos campamentos organizados polo Concello de Oleiros do 11 ao 13 de abril de 9 a 14h, para nenos e nenas de anos de nacemento do 2016 ao 2011 nas instalacións do CEIP Isidro Parga Pondal. Inscricións do 29 de marzo ao 4 de abril.
CampaNadal 2021
Informámosvos dos campamentos organizados polo Concello de Oleiros do 27 ao 30 de decembro de 9 a 14h, para nenos e nenas de anos de nacemento do 2015 ao 2010 nas instalacións dos CEIP Isidro Parga Pondal e Rabadeira. Preinscricións do 1 ao 10 de decembro.