Patios Dinámicos- Compra xogos cooperativos

A ANPA colabora co proxecto de Patios Inclusivos do Centro a través da compra de xogos cooperativos co remanente doado pola Asociación A Pezoca. Deixamos debaixo algún exemplo deste tipo de xogos (lanzadores, esquíes, bandas, etc.), que esperamos axuden a ter uns patios inclusivos nos que o alumnado desfrute.

Contrato Programa- Iguála-T

O CEIP Rabadeira foi seleccionado para desenvolver o CONTRATO PROGRAMA, na modalidade de IGUÁLA-T. Este programa pretende rachar coa transmisión de estereotipos e eliminar as desigualdades entre homes e mulleres, para previr e abordar a violencia de xénero así como para poñer en valor a diversidade. Os centros educativos desempeñan un papel importante no ámbito da coeducación dendeSigue leyendo «Contrato Programa- Iguála-T»

Iniciativa Igualdade- “O Deporte non ten Xénero”- Clausura actividades clubes deportivos

Tralo paso dun total de 12 clubes deportivos da contorna, pechamos este capítulo da Iniciativa de Igualdade de «O Deporte non ten Xénero». Máis de 70 rapaces e rapazas poideron acercarse ao deporte dende unha perspectiva de igualdade, rompendo roles e estereotipos. Agradecer ante todo a colaboración do centro, Concello, clubes, familias e colaboradores nestaSigue leyendo «Iniciativa Igualdade- “O Deporte non ten Xénero”- Clausura actividades clubes deportivos»

Crea tu sitio web con WordPress.com
Comenzar