Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

Plan de Mobilidade Urbana Sostible Oleiros- Participación ANPA

Fomos invitadosa á mesa o taller sectorial del Plan de Movilidade Urbana Sostible do Concello de Oleiros, que se celebrou o pasado 26 de abril. Xa remitimos ao grupo de traballo o documento adxunto, onde indicamos as principais demandas realizadas, consensuadas co Centro. Manterémosvos informados a través desta canle.

Pasos de peóns inmediacións do centro educativo- Actualización

Acabamos de recibir resposta da Xunta de Galicia á reclamación realizada pola ANPA, que indica que instalará sistemas reflectantes-disuasorios nos pasos de peóns da contorna do centro educativo, nas estradas AC-527 e AC-174. Esperamos que desta maneira se mellore a seguridade dos peóns. Seguiremos informando a través desta canle.

Pasos de peóns inmediacións do centro educativo

Actualizámosvos sobre as últimas accións realizadas sobre o estado das inmediacións do centro. Por unha parte mantuvimos unha reunión co Concello e pola outra remitimos o escrito adxunto á Xunta, titular das estradas afectadas. Manterémosvos informados de avances a través desta canle.

Solicitude cambio pavimento patios

En novembro do ano pasado (ver entrada inferior) solicitamos á Xunta de Galicia o cambio dos pavimentos dos patios, xa que o actual (de asfalto con pedras) ocasiona feridas desproporcionadas cada vez que un neno/a cae. Con posterioridade, nunha reunión coa Unidade Técnica da Consellería de Educación, anuncióusenos que éste sería cambiado no ano 2021.Sigue leyendo «Solicitude cambio pavimento patios»

Situación do alumnado NEE. Número de PTs dispoñibles no centro

A raíz das cuestións e inquietudes recibidas, confirmarvos o vindeiro mércores 29 de setembro tanto a ANPA como as representantes das familias teremos reunión de Consello Escolar onde xa pedimos incluir este tema na orde do día do seguinte Consello a principios de curso. O Centro informarános tamén da resolución das convocatorias ARCO e PROA+,Sigue leyendo «Situación do alumnado NEE. Número de PTs dispoñibles no centro»