Este ano tamén teremos servizo de madrugadores de 7:30 a 9:00 con posibilidade de almorzo.
Recordámosvos as tarifas:
Con almorzo
Socios ANPA: 46 EUR/mes
Non socios ANPA: 51 EUR/mes
Días soltos: 4 EUR/día
Sen almorzo:
Socios ANPA: 34 EUR/mes
Non socios ANPA: 39 EUR/mes
Días soltos: 3 EUR/día
Para facer a inscripción, podedes acceder ó enlace inferior clickando en Área de clientes- CEIP Rabadeira (usuario: rabadeira e contrasinal: comedores2022). Tanto os usuarios fixos como esporádicos deberán facer a inscrición antes do 26 do mes anterior. O servizo de almorzo é realizado por Jardanay comedores:
En caso de utilizar o servizo en días soltos, podedes acudir directamente a madrugadores, onde se adquiren ós monitores vales por un ou máis días. Por favor recordade que en todo caso é necesario rexistrar ao alumno/a previamente no enlace anterior. En caso de necesitar o servizo de maneira urxente e non ter inscrito ao alumno/a a finais do mes anterior, por favor escribide a anpaensinorabadeira@gmail.com con aló menos 24h de antelación.
Para facervos socios da ANPA podedes acceder ó enlace inferior:
Formulario Inscrición
Calquera dúbida, coma sempre, podedes escribirnos a anpaensinorabadeira@anpaensinorabadeira
Un comentario en “Servizo Madrugadores”