Remitimos comunicado do centro. Dende a ANPA recomendamos o uso do transporte escolar dende o primeiro día para evitar aglomeracións.
O horario de entrada para todo o alumnado será de 8:45 h. ás 9:00 h. As portas pecharanse ás 9:05 h. durante o curso. Plano das entradas.

O alumnado de 1º, 3º e 5º accederán pola porta que lle corresponde (sinaladas con carteis), onde serán recollidos polos titores que os distruibuirán ás aulas correspondentes.
Ás 14:00 h. o alumnado que é recollido polas familias sairá pola porta asignada.
O alumnado usuario de transporte escolar xa se encarga o centro de distribuilo tanto na entrada como nas saídas.
Os titores irán informando da data de reunión con cada grupo. Fai click en Organigrama Titorías para coñecer a/o profe de cada grupo.
ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º E 2º DE ED. PRIMARIA
É preciso que o alumnado destes niveis traian colocada, nun lugar visible, unha tarxeta identificativa ca súa foto. A podedes descargar de aquí: tarxeta identificación.