Chegado o fin do prazo de duración dos cargos na Xunta Directiva da ANPA ENSINO DO CEIP RABADEIRA, procedemos á convocatoria das eleccións. Segundo os nosos Estatutos, o procedemento para a elección é por listas abertas de xeito que cada persoa membro da Asociación que así o desexe, poderá presentar a súa candidatura seguindo os pasos que detallamos a continuación. Entre os elixidos, eles mesmos designarán cada un dos cargos que ocuparán, en calquera caso, os candidatos, se así o desexan, poderán indicar, na súa candidatura, a preferencia de cargo (President@, Vicepresident@, Secretari@, Tesoureir@ ou Vogal).
- O prazo para presentar candidaturas estará aberto dende o luns 25/10/2021 até as 23:59 horas do 30/10/2021.
Todas as persoas que queiran formar parte da Xunta Directiva deberán enviar un e-mail á dirección anpaensinorabadeira@gmail.com no que se inclúa:
– Nome completo.
– Dirección de correo electrónico e teléfono de contacto.
- As listas provisionais das candidaturas faranse públicas o luns 31/10/2021 no blogue da ANPA https://anpaensinorabadeira.wordpress.com/
As listas definitivas publicaranse o 02/11/2021 pola mesmas canle.
- A Asamblea Xeral Extraordinaria para a realización das votacións celebrarase no Salón de Actos do CEIP RABADEIRA o martes 09/11/2021 ás 19.00 h en 1ª convocatoria e 19.30 h en segunda convocatoria.
- Antes de proceder á votación todos os candidatos terán a oportunidade de dirixirse aos socios presentes.
- A votación será segreda, depositando os votos por escrito nunha urna.
- Poderáse depositar o voto dende o remate da intervención dos candidatos e ata as 20.30 h ou cando teñan depositado o voto todos os presentes se este feito se producise despois desta hora.
- Ao remate da votación procederase ao reconto, no que poderán estar presentes todos os socios que así o desexen.
- A lista de elixidos publicarase no blogue da anpa o día 10/11/2021.
- No prazo de 5 días publicarase así mesmo a designación dos cargos dentro da Xunta Directiva