Dende a ANPA Ensino Rabadeira puxémonos en contacto coa ANPA Miguel Hernández do IES Miraflores para coñecer en detalle a situación que está a saír nos medios.
O que nos comentaron foi o seguinte:-
- A idea inicial da Consellería é ofertar 3 unidades de 30 nenos/as cada unha en lugar de 4 unidades coma ata o de agora
- Esta tamén foi a idea inicial o ano pasado, se ben finalmente ofertáronse 4 unidades
- O IES Miraflores resérvase 7 prazas para posibles repeticións do alumnado. Polo tanto, as prazas dispoñibles, de ofertarse 3 unidades, serían 83
- A totalidade de alumnos de 6º no CEIP Rabadeira e no CEIP Juana de Vega- Nós é actualmente de 87
- Polo tanto, a falta dos factores que comentamos máis abaixo, existe un déficit de 4 prazas cos centros adscritos
En caso de que este déficit de prazas se materializase despois de:
- Confirmar que as 7 prazas reservadas en 1º da ESO son necesarias para repeticións
- Confirmar o número de nenos/as que, á súa vez, poden repetir 6º Primaria
- Confirmar o número de nenos/as que se matricularán en centros privados, concertados ou noutros centros públicos
sería necesario entrar na baremación, no que tendrían prioridade o alumnado do Concello de Oleiros e, máis concretamente, aquel que o seu centro de referencia sexa o IES Miraflores.
Estamos a ter contactos coa ANPA Miguel Hernández para facer seguemento deste tema e, no seu caso, facer a demanda conxunta para manter as 4 unidades. Manterémosvos informados a través desta canle.