O Centro remítenos as seguintes recomendacións para facilitar o inicio de curso:
- O primeiro día de curso recoméndase evitar acudir cos vehículos particulares ao centro e utilizar, na medida do posible, o transporte escolar.
- A máscara segue sendo de uso obrigatorio no transporte, polo que o alumnado debe levar unha posta ao subir ao bus e outra nun estoxo de reposto.
- Prégase non ocupar cos vehículos particulares as prazas en amarelo reservadas para o transporte escolar, así coma respectar as prazas de minusválidos. Tampouco facer paradas diante do centro nin empregar o aparcamento reservado ao profesorado.
- O alumnado de 1º, 3º, 5º e o reparto en aulas/titores de 6º farase no patio ou no pavillón. Rógase ás familias que se absteñan de entrar no centro o primeiro día de curso, para facer este reparto de maneira áxil e garantir a seguridade do alumnado co peche de portas ás 9:00, así coma respectar o horario de atención ao público. Pódese consultar o grupo do alumno/a en Abalar e o titor correspondente na web do Centro-Organigrama.
- Os libros poderán ser levados de maneira escalonada durante os primeiros días do curso, así coma o material a primeira semana. Cun estoxo básico poderá desenvolverse a actividade nestes días.
- Recomendamos estar atentos á web do Centro e suscribirse ao blogue da ANPA, así coma comprobar a alta en Abalar, para estar ao día de novas.
Feliz inicio de curso!