O programa municipal Familias Inquedas continúa este outono cos obradoiros “Falemos de educación sexual”, “Acompañando na adolescencia” e “Educa Bonito”, dirixidos a todas as familias veciñas de Oleiros con fillos e fillas menores de idade.
O primeiro deles é “ Falemos de Educación sexual “, dirixido a tódalas familias de Oleiros, con menores, será impartido por Jeane Costa, docente experta en sexoloxía e xénero. Para este obradoiro está aberto o prazo de inscrición desde o luns 3.
“ Educa Bonito “ impartido por María Soto, o método está baseado na disciplina positiva que propón un novo enfoque educativo. Como na edición anterior, nesta ocasión continúase co formato dunha sesión intensiva de 8 horas o primeiro día, un sábado, en horario de mañá e tarde, e despois catro sesións máis de 2 horas, nuns días de semana, pola tarde. Estará dirixido a familias con menores de 0 a 10 anos de idade. O día 10 de outubro abriránse as inscricións.
“Acompañando na adolescencia” impartido por Sara Vierna de Almas Meraki, educadora con ampla experiencia traballando con adolescentes e familias, tanto temas de Igualdade, sexualidade coma de novas tecnoloxías. Estará dirixido a familias con menores de 11 a 17 anos de idade. O día 17 de outubro ábrense ás inscricións.